Resultados de procura - Freud, Sigmund

Sigmund Freud

 Placa conmemorativa de Sigmund Freud no seu lugar de nacemento. Sigmund Freud nado como Sigismund Shlomo Freud en Freiberg (actual Příbor, na República Checa) o 6 de maio de 1856 e finado en Londres o 23 de setembro de 1939, foi un médico neurólogo austríaco de orixe xudeu, pai do psicanálise e unha das maiores figuras intelectuais do século XX.

Foi o fundador da escola psicanalítica de psicoloxía, baseada na súa teoría de que o inconsciente determina o comportamento, de que certos tipos de pensamentos e recordos inconscientes, especialmente os sexuais e agresivos, son a fonte da neurose, e de que a neurose pode ser tratada traéndoos á consciencia a través dun tratamento psicanalítico. Tras recorrer inicialmente á hipnose para tratar fenómenos de histeria, abandonaríaa en favor da «asociación libre» e da «cura lingüística», que se converteron nos elementos clave da psicanálise.

É xeralmente designado como "o pai da psicanálise". Foi unha personalidade revolucionaria e controvertida xa no seu tempo. Posiblemente ningún outro explorador da psique penetrou tan fondamente na mentalidade humana do século XX. O seu impacto sobordou os límites da psicanálise, abranguendo varias áreas da cultura, entre elas, a arte, a literatura, a relixión, a antropoloxía, e outras.

A división de opinións que a figura de Freud suscita podería resumirse do seguinte modo: uns considéranlle máis un gran científico no campo da medicina, que descubriu gran parte do funcionamento psíquico humano; e outros o ven especialmente como un filósofo que reformulou a natureza humana e axudou a derrubar tabúé, pero cuxas teorías, como ciencia, fallan nun exame rigoroso.

O 28 de agosto de 1930, Freud foi galardoado co premio Goethe da cidade de Frankfurt am Main pola súa actividade creativa. Tamén en honra de Freud, ao que frecuentemente se lle denomina ''o pai da psicanálise'', deuse o nome «Freud» a un pequeno cráter de impacto lunar que se atopa nunha meseta dentro de Oceanus Procellarum, na parte noroccidental ao lado visible da Lúa.

Ao fundar a psicanálise, Freud desenvolveu técnicas terapéuticas como o uso da asociación libre e descubriu a transferencia, establecendo o seu papel central no proceso analítico. A redefinición de Freud da sexualidade para incluír as súas formas infantís levouno a formular o complexo de Edipo como principio central da teoría psicanalítica. A súa análise dos soños como realizacións de desexos proporcionoulle modelos para a análise clínica da formación de síntomas e os mecanismos subxacentes da represión. Sobre esta base, Freud elaborou a súa teoría do inconsciente e pasou a desenvolver un modelo de estrutura psíquica que comprende o ego, superego e id. Freud postulou a existencia dunha libido, enerxía sexualizada coa que se invisten os procesos e estruturas mentais e que xera apegos eróticos, e unha pulsión de morte, fonte de repetición compulsiva, odio, agresividade e culpa neurótica. Nas súas obras posteriores, Freud desenvolveu unha ampla interpretación e crítica da relixión e da cultura.

Aínda que está en declive xeral como práctica clínica e diagnóstica, a psicanálise segue a ser influente dentro da psicoloxía, psiquiatría e psicoterapia, e entre as humanidades. Así, segue xerando un amplo e moi disputado debate sobre a súa eficacia terapéutica, o seu status científico e se avanza ou dificulta a causa feminista. Porén, a obra de Freud infundiu o pensamento occidental e a cultura popular contemporáneas. A homenaxe poética de en 1940 a Freud descríbeo como o que creou "todo un clima de opinión / baixo o cal levamos as nosas diferentes vidas". Provided by Wikipedia
Limitar resultados
  1. 1

    Introducción al psicoanálisis : el manga / por Freud, Sigmund

    Publicado 2017
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  2. 2

    El hombre Moisés y la religión monoteísta : tres ensayos / por Freud, Sigmund

    Publicado 2015
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  3. 3
  4. 4

    Textos inéditos y documentos recobrados / por Freud, Sigmund

    Publicado 2018
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  5. 5

    Sigmund Freud : el yo y el ello, manuscritos inéditos y versión publicada / por Freud, Sigmund

    Publicado 2011
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  6. 6

    Sigmund Freud : das unheimliche / por Freud, Sigmund

    Publicado 2014
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  7. 7

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  8. 8

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  9. 9

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  10. 10

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  11. 11

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  12. 12

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  13. 13

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  14. 14

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  15. 15

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  16. 16

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  17. 17

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  18. 18

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  19. 19

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros
  20. 20

    Obras Completas por Freud, Sigmund

    Publicado 1985
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros