Ramón Piñeiro

Fundación do Partido Galeguista en 1931, un dos partidos políticos aos que Piñeiro estivo vinculado. Ramón Piñeiro López, nado en Armea de Abaixo (Lama, Láncara) o 31 de maio de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra. Piñeiro vía utópica a formación dun partido político galeguista na situación política e social de entón. Se xa fora un partido minoritario cando as circunstancias eran favorables, e nin sequera conseguira manter a unidade interna, ao seu ver, moitas menos posibilidades ía ter baixo a ditadura. Loitar nesta dirección parecíalle un fracaso seguro. Así foi xurdindo a idea da autodisolución do Partido Galeguista e, por outra banda, en 1950, a fundación da Editorial Galaxia.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2009.

Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Piñeiro, Ramón', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Piñeiro, Ramón
    Publicado 2009
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales