Resultados de procura - Demóstenes

Demóstenes

Demóstenes Demóstenes (en grego, Δημοσθένης: ''Dēmosthénēs''), nado en Atenas no ano -384 e finado en Calauria no ano -322, foi un dos oradores máis relevantes da historia e un importante político ateniense.

Os seus dotes de oratoria constitúen a última expresión significativa das proezas intelectuais atenienses, e permiten o acceso aos detalles da política e a cultura da Antiga Grecia durante o século -IV. Demóstenes aprendeu retórica mediante o estudo dos discursos de oradores anteriores. Pronunciou os seus primeiros discursos xudiciais aos vinte anos de idade, cando reclamou aos seus titores que lle entregasen a totalidade da súa herdanza. Durante un tempo, Demóstenes gañou a vida como escritor profesional de discursos xudiciais e como avogado, redactando textos para o seu uso en preitos entre particulares.

Demóstenes interesouse pola política durante esa época, e foi no -354 cando deu os seus primeiros discursos políticos en público. Dedicou os seus anos de plenitude física e intelectual a opoñerse á expansión do reino de Macedonia. Idealizaba a súa cidade e loitaba por restaurar a supremacía ateniense e motivar os seus compatriotas para se opoñer a Filipo II de Macedonia. Buscou preservar a liberdade de Atenas e establecer unha alianza contra Macedonia nun intento sen éxito de impedir os plans de Filipo de expandir a súa influencia cara ao sur, conquistando as cidades-estado gregas. Dous anos antes da morte de Filipo, Demóstenes tivo un papel capital no levantamento de Atenas e Tebas contra o rei macedonio e o seu fillo, Alexandre III, na batalla de Queronea, aínda que os seus esforzos non tiveron éxito cando a revolta atopou cunha enérxica reacción macedonia. Máis aínda: para previr unha revolta similar contra o seu propio líder, o sucesor de Alexandre, o diádoco Antípatro, enviou os seus homes para que acabasen con Demóstenes. Demóstenes, con todo, suicidouse co fin de evitar caer nas mans de Arquias, confidente de Antípatro.

O chamado ''Canon Alexandrino'', compilado por Aristófanes de Bizancio e Aristarco de Samotracia, recoñece a Demóstenes como un dos 10 maiores logógrafos e oradores áticos. Segundo Lonxino, Demóstenes "perfeccionou ao máximo o ton do discurso idealista, pasional, abundante, preparado, rápido".

Cicerón aclamouno como "o orador perfecto" ao que non lle faltaba nada e Quintiliano loouno, dirixíndose a el como "lex orandi" ("a norma da oratoria") e dicindo del que "inter omnes unus excellat" ("de entre todos, sobresae un"). Provided by Wikipedia
  • Mostrando 1 - 2 Resultados de 2
Limitar resultados
  1. 1

    Las cuatro Filípicas / por Demóstenes

    Publicado 2016
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  2. 2

    Antología de discursos por Demóstenes

    Publicado 1967
    Ver en el OPAC del Koha
    Libros