Tomás Gómez Franco, nado en Enschede (Países Baixos) o 27 de marzo de 1968, é un político socialista español. Foi alcalde da cidade madrileña de Parla, a sétima cidade en poboación da área metropolitana de Madrid, entre 1999 e 2008. Dende 2007 até 2015 foi secretario xeral do Partido Socialista de Madrid. É licenciado en Ciencias Económicas.
Provided by Wikipedia