Resultados de procura - Llaitul, Héctor
Héctor Llaitul

Foi acusado de planificar e realizar atentados incendiarios nas rexións de Biobío e Araucanía. Foi procesado pola fiscalía de Nova Imperial sobre a base do testemuño de Roberto Painemil, o cal foi obtido baixo tortura, e foi absolto dos cargos en xuño de 2008. Estivo baixo arresto dende o 21 de febreiro de 2007.
En marzo de 2010, o Tribunal Oral no Penal de Cañete condenouno a 25 anos de cárcere polos delitos de roubo con intimidación e homicidio frustrado contra fiscal. Posteriormente, a Corte Suprema acolleu parcialmente un recurso de nulidade interposto pola defensa, rebaixando a súa condena a 14 anos de cárcere. Dende agosto de 2022 atópase en prisión por delitos de roubo de madeira e Lei de Seguridade Interior do Estado pola súa presunta participación en atentados incendiarios. Provided by Wikipedia