Karl Marx

O Capital Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e finado en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario prusiano. Procedente dunha familia de clase media, estudou economía política e a filosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en Londres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán Friedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o panfleto de 1848 ''O manifesto comunista''. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.

As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas como marxismo— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través da loita de clases; no capitalismo, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida como burguesía) que controla os medios de produción e a clase obreira (coñecida como proletariado) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario. Empregando un enfoque crítico denominado materialismo histórico, Marx predixo que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o socialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da conciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e comunista constituída por unha asociación libre de produtores. Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha acción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a emancipación socioeconómica.

Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado. A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación co capital, e o pensamento económico posterior. Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citado como un dos principais arquitectos da ciencia social moderna. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 8 results of 8 for search 'Marx, Karl, 1818-1883', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
    por Marx, Karl, 1818-1883
    Publicado 2013
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  2. 2
    por Marx, Karl, 1818-1883
    Publicado 2018
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  3. 3
    por Marx, Karl, 1818-1883
    Publicado 2004
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  4. 4
    por Marx, Karl, 1818-1883
    Publicado 2004
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  5. 5
    por Marx, Karl, 1818-1883
    Publicado 2004
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  6. 6
    por Marx, Karl, 1818-1883
    Publicado 2004
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  7. 7
    por Marx, Karl, 1818-1883
    Publicado 2004
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales
  8. 8
    Outros autores: “...Marx, Karl, 1818-1883...”
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales