Violeta Parra

Violeta del Carmen Parra Sandoval, nada en San Carlos de Itihue o 4 de outubro de 1917 e finada en Santiago de Chile o 5 de febreiro de 1967, foi unha cantante, pintora, escultora, bordadora e ceramista chilena, considerada unha das máis importantes representantes da música popular do seu país. Era membro da prolífica familia Parra; irmá, entre outros, do poeta Nicanor.

A contribución de Violeta Parra ao quefacer musical e artístico chileno considérase unanimemente de gran valor e transcendencia. O seu traballo serviu de inspiración a moitos artistas posteriores, que continuaron coa súa ardua tarefa de rescate da música do campo chileno e as manifestacións constituíntes do folclore do país e de Latinoamérica. As súas composicións propias foron eloxiadas polos críticos de todo o mundo, tanto pola súa complexa elaboración musical como polas súas letras poéticas, enxeñosas e socialmente comprometidas. As súas cancións foron versionadas por gran cantidade de artistas en Latinoamérica e o resto do mundo. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Parra, Violeta, 1917-1967', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Parra, Violeta, 1917-1967
    Publicado 2017
    Ligazón do recurso
    Libros Digitales